- Comercio
- 13/09/2021
O Goberno convoca tres liñas de axudas para modernizar o sector comercial por 104 millóns de euros
Apoio ao sector comercial, tanto urbano coma rural
- Para a ministra Maroto, estas axudas fomentarán un sector comercial máis resiliente, competitivo, sostible e dixital.
- As novas liñas están incluídas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o pasado sábado as convocatorias das liñas de axuda ao sector comercial incluídas no compoñente 13 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiadas cos Fondos Europeos Next Generation EU. Estas axudas, cuxos potenciais beneficiarios serán as entidades locais, distribuiranse en tres liñas de actuación: mercados sustentables en zonas urbanas comerciais, mercados sustentables en zonas rurais e fortalecemento do sector comercial en zonas turísticas e están dotadas cun orzamento de 104 millóns de euros para 2021.
Para a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, estas axudas teñen como finalidade paliar os efectos que a Covid-19 ocasionou no sector comercial, tendo en conta a especial vulnerabilidade do mesmo ao estar formado maioritariamente por pemes e autónomos. Ademais, fomentarán un sector comercial máis resiliente, competitivo, sustentable, dixital que dea resposta aos novos hábitos e modelos dos consumidores. Os obxectivos das tres liñas alíñanse cos marcados pola Unión Europea e facemos especial énfase no medio rural, porque o comercio é unha actividade económica que contribúe a asentar poboación e forma parte da identidade dos nosos pobos, ademais de favorecer o desenvolvemento económico e a vertebración territorial.
.
Liñas de axudas ao sector comercial
A primeira liña de axudas está dirixida ao apoio a mercados, zonas urbanas comerciais e canles curtas de comercialización e persegue financiar o desenvolvemento, por parte de entidades locais, de plans e proxectos de contido tecnolóxico, innovador e de sustentabilidade, así como de mellora de equipamentos, dirixidos ao sector comercial que se atope situado na súa demarcación. Esta liña conta cunha dotación de máis de 200 millóns euros para os anos 2021, 2022 e 2023. 2023. O prazo de presentación de solicitudes desta liña finalizará o 30 de setembro de 2021.
A liña pódese consultar noBOE [PDF]
Dentro del concepto mercados sostenibles, se ha diseñado una segunda línea de ayudas mercados en zonas rurales con subvenciones destinadas a apoyar la implementación, modernización y fomento de la actividad comercial en zonas rurales, mejorando la competitividad, sostenibilidad y diversificación de la economía rural. Su dotación es de 15 millones de euros a comprometer en tres años (2021-2023). Se ha definido “zona rural” como el municipio de menos de 5.000 habitantes o como una mayoría simple de municipios que integren una entidad localidad supramunicipal tenga menos de 5.000 habitantes. Las solicitudes se podrán presentar hasta el 6 de octubre.
A liña pódese consultar no BOE [PDF]
A terceira e última liña de axudas está destinada ao fortalecemento do comercio en zonas turísticas e diríxese especificamente a apoiar aqueles establecementos comerciais localizados en zonas turísticas e mellorar a experiencia de compra dos turistas. Esta liña conta cunha dotación de 100 millóns de euros para os mesmos tres anos. As solicitudes poderanse presentar ata o 4 de outubro..
A liña pódese consultar no BOE [PDF]