Acordo de comercio e cooperación entre a Unión Europea e Reino Unido
O 24 de decembro de 2020 a Comisión Europea e Reino Unido alcanzaron un acordo en principio sobre as condicións para a futura relación unha vez finalice o período transitorio o próximo 31 de decembro de 2020.
No entanto, as condicións que se acordaron non son en ningún caso equivalentes a aquelas das que gozan os Estados membros da Unión Europea. Por tanto, o final do período transitorio suporá a aparición de formalidades e barreiras en ambas as direccións ao comercio de bens e servizos e á mobilidade e intercambios transfronteirizos que non existen na actualidade.
Lémbrase a todos os operadores que deben prepararse, se non o fixeron xa, para poder afrontar o próximo 1 de xaneiro coas maiores garantías.
Acordo de comercio e cooperación entre a Unión Europea e Reino Unido
O 24 de decembro de 2020, a Comisión Europea e o Reino Unido chegaron a un acordo de principio sobre as condicións para a futura relación a partir do 1 de xaneiro de 2021.
Infografía sobre o acordo [PDF]
Texto completo do acordo en español [PDF]
Preguntas e respostas Nota de prensa
Consecuencias da saída do Reino Unido da UE e notas de preparación sectoriais
Grazas polos teus comentarios.