• 07/05/2020

Comercio, CC.AA., asociacións e sindicatos apoian o ‘Protocolo de boas prácticas’ para a desescalada no sector comercial

A Secretaria de Estado de Comercio mantivo unha reunión por videoconferencia con Comunidades Autónomas, asociacións representativas do sector comercial e sindicatos na que participaron un total de 85 persoas.

A Secretaria de Estado de Comercio mantivo unha reunión por videoconferencia con Comunidades Autónomas, asociacións representativas do sector comercial e sindicatos na que participaron un total de 85 persoas.

Explicouse por parte do Ministerio o detalle do novo protocolo e guía de boas prácticas e resolvéronse dúbidas e inquietudes por parte dos participantes na reunión co obxectivo de que todos os comercios teñan claro os protocolos e medidas de hixiene e seguridade na reapertura.

O Protocolo inclúe tanto medidas xerais de prevención como recomendacións específicas para diferentes sectores, incluídos os mercados de venda non sedentaria. Tivéronse en conta ademais as diferentes instrucións e recomendacións elaboradas polo Ministerio de Sanidade.

“Concibimos o Protocolo como un marco xeral e consensuado, que poderá ser completado coas decisións que adopten e acorden a dirección das empresas cos delegados de prevención e comités de seguridade e saúde”, explica a secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez.

Na reunión abordouse a reapertura ordenada do comercio, suxeita ao cambio de fase que determine o Goberno -a través do Ministerio de Sanidade- en cada provincia. Para Méndez, “temos que actuar con prudencia nesta reapertura paulatina dos espazos comerciais, que temos que ir recuperando porque son dinamizadores da vida en pobos e cidades e xeradores dun impulso inicial, que é esencial para a recuperación da economía”.

Campaña de promoción del comercio

A Secretaria de Estado informou aos asistentes do lanzamento durante a próxima semana dunha Campaña de promoción do comercio, deseñada xunto á Cámara de España. O seu obxectivo é, para Méndez, “visibilizar a importancia que ten o sector comercial na vertebración territorial e na cohesión social nos barrios, pobos e cidades.”