Os interesados deberán notificar, por si mesmos ou polos seus representantes, ao Servizo de Inspección SOIVRE das Direccións Territoriais e Provinciais de Comercio que corresponda, as operacións de importación de produtos industriais que sexan obxecto de control polos Centros do Servizo de Inspección SOIVRE. Están exentas de notificación, e por tanto de inspección e control, as expedicións sen carácter comercial.
A notificación poderá presentarse por vía telemática, por escrito ou por calquera medio de transmisión que permita a obtención de constancia documental, incluíndo polo menos os datos enumerados no articulo 4. 4 do Real Decreto 330/2008. Para realizar a solicitude por vía telemática o operador ou o seu representante deberá solicitar unha clave de usuario ao Servizo de Inspección SOIVRE das Direccións Territoriais e Provinciais de Comercio correspondente, e posteriormente acceder ao servizo a través da dirección: https://www.webseguro.mcx.es/estacicea
Para máis información sobre este sistema poden visitar utilice a seguinte ligazón:
vía telemática
A notificación dirixirase coa suficiente antelación, de forma que se o Servizo de Inspección SOIVRE, considera necesario efectuar un control físico da mercadoría, este poida levar nos puntos de inspección habilitados.
Tras a recepción da solicitude telemática o Servizo de Inspección levará a cabo a inspección prevista para comprobar o cumprimento dos requisitos de seguridade indicados nas normas aplicables. Como resultado da mesma a mercadoría será declarada conforme, salvo que se evidencie non conformidade nalgún dos aspectos examinados, procedendo a expedir o correspondente Número de Referencia Completo (NRC) de validación telemática a efectos do despacho aduaneiro. O NRC emitido polo Servizo SOIVRE de Inspección é preceptivo para o despacho aduaneiro para a importación dos produtos indicados no anexo I da Orde PRE/735/2010.
O Servizo de Inspección SOIVRE mantén as correspondentes canles de colaboración co Departamento de Aduanas e o Instituto Nacional de Consumo para o control dos produtos industriais importados obxecto do Real Decreto 330/2008. En particular, a cooperación é especialmente importante cun intercambio rápido de información nos produtos que poden comportar un risco grave para a seguridade dos consumidores e usuarios
Grazas polos teus comentarios.